ID stringlengths 5 12 | summary stringlengths 0 1.73k | text stringlengths 0 68.7k |
|---|---|---|
NOS_58435 | O artista coruñés Pepe Galán leva desde os anos 70 vinculado o mundo da arte galega. Recoñecido popularmente polas súas esculturas e intervencións, cando se lle pregunta, prefire ser considerado como un "artista multidisciplinar" máis que cinguirse a unha única etiqueta como a de "pintor" ou "escultor". | Indo polas rúas da casa ao taller e do taller á casa, desprázome co ritmo de liturxia aprendida sobre o empedrado e o formigón... onde case sempre atopo algún dato, algunha novidade... Chega a ser unha relación familiar coa veciñanza e a cidade. Pola mañá gozo da paisaxe urbana mais non podo evitar ser crítico co deseñ... |
NOS_47832 | Jasper é o nome artístico co que se coñece Pablo Carracedo (A Estrada, 1979), a alma mater da banda de rock metal Nao. O grupo, todo un emblema da música galega, anunciou a súa despedida. Unha viaxe que comeza o día 5 de decembro na Sala Capitol e que levará a Gus, Torroncho, Amós e Jasper por toda Galiza até o 7 de de... | Por que remata Nao cando é unha das bandas máis representativas do panorama musical galego? Houbo un momento en que Nao viu o seu soño cumprido e viu cumprido o obxectivo de termos unha banda que cantase na lingua propia, que transmitise unha mensaxe como a que transmitimos e que fixese un estilo de música que cinco an... |
NOS_22435 | O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG denunciou as "dificultades" dos maiores de 80 anos para acudir aos vacinódromos. | O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez (PP), criticou esta segunda feira a "mala planificación" do Servizo Galego de Saúde (Sergas) na vacinación a maiores, ao non permitir que se lles inocule a cuarta dose nos centros de saúde de cada concello na primeira chamada, tendo que desprazarse ao hospital de Monforte, a case unh... |
NOS_54961 | Por primeira vez na historia da competición dous equipos galegos enfrontaranse na última rolda | Xornada histórica para o fútbol sala galego. Por primeira vez dous equipos do país enfrontaranse na final da Copa da Raíña -que poderá verse o domingo ás 12 horas a través de Teledeporte- logo de que Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar eliminasen nas semifinais Alcorcón (5-3) e Universidade de Alacante (1-0), respect... |
NOS_20687 | Concelleir@s do BNG votan no pleno municipal con sobres na man como protesta polos sobresoldos na cúpula do PP. A moción do grupo popular coruñés para retirar o título de fillo predilecto a Méndez, contou co apoio do BNG e EU e a abstención do PSOE xa que contemplaba a dimisión d@s concelleir@s Mar Barcón e Fernández M... | O pleno desenvolvido esta segunda feira na cidade da Coruña deixou máis dunha estampa. @s concelleir@s do Bloque emitiron seus votos portando sobres en sinal de protesta polo caso de corrupción destapado as pasadas semanas na cúpula do Partido Popular. Pola súa banda, o rexedor coruñés, Carlos Negreira, tomba unha prop... |
PRAZA_6988 | Os xornais da Mariña luguesa difundiron hai dúas semanas unha ampla información acerca dun feito histórico sen parangón: a compra da antiga Baleeira de Morás polo módico prezo de UN EURO. O vendedor resultaba ser Alcoa e os compradores nós, o pobo, a través do Concello de Xove. | Os xornais da Mariña luguesa difundiron hai dúas semanas unha ampla información acerca dun feito histórico sen parangón: a compra da antiga Baleeira de Morás polo módico prezo de UN EURO. O vendedor resultaba ser Alcoa e os compradores nós, o pobo, a través do Concello de Xove. Os xornais da Mariña luguesa difundiron h... |
NOS_3725 | O editor e presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado é o novo presidente de Culturgal, a Feira das Industrias culturais que se celebrará do 5 ao 7 de decembro.Entrada a baixo prezo, espazo para a gastronomía, novos patrocinios e máis actividades para profesionais serán algunhas das novidades. | O editor Manuel Bragado é o novo presidente dun Culturgal que comeza a prepararse con importantes novidades como novos patrocinios -en especial do ámbito empresarial-, máis profesionais e un espazo dedicado á gastronomía. Nunha entrevista, publicada no semanario Sermos Galiza xusto despois da celebración da anterior ed... |
NOS_5588 | A multinacional non asistiu á xuntanza convocada polo Goberno español. | Alcoa non asistiu á mesa multilateral convocada polo Goberno español na tarde desta cuarta feira para tentar desbloquear a situación despois de que a multinacional non chegase a acordo co comité unha vez finalizado o período de consultas do ERE. Unha vez terminado o encontro -que se realizou de forma telemática -, nun ... |
PRAZA_7054 | Os estudos máis recentes alertan de que "unha proporción moi importante" da poboación que rexeita as agresións físicas de xénero aceptan, en maior ou menor medida, outras formas de maltrato como o control da parella. A Marcha Mundial das Mulleres e outros colectivos feministas animan á mobilización neste 25-N para "des... | "Na súa opinión, a violencia exercida por un home cara á súa muller ou ex muller, parella ou ex parella, é algo inevitable que sempre existiu, aceptable nalgunhas circunstancias ou totalmente inaceptable?". É a pregunta que formulou o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) nun dos estudos máis recentes do Estado a... |
NOS_45284 | "Queremos mostrar o orgullo do noso baile e música, que non é pasado, é presente", afirmou Ana Pontón, quen acusou á Xunta de "non facer os deberes tampouco nesta materia". | A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, avanzou que o seu grupo parlamentario defenderá no Pazo do Hórreo unha iniciativa para que se declare ben de interese cultural (BIC) inmaterial a música, canto e baile tradicional galego. Aliás, reclamará a creación dun observatorio para avaliar o est... |
NOS_14398 | A área pública da CIG realizou concentracións nesta quinta feira diante da Delegación do Goberno na Coruña e nas Subdelegacións de Pontevedra, Lugo e Ourense en demanda da retirada da reforma que o Ministerio de Función Pública quere introducir no Estatuto Básico do Empregado Público. Desde a CUT anuncian unha folga xe... | A modificación do Estatuto Básico do Empregado Público que está a levar a cabo o Ministerio de Política Territorial está a levantar as suspicacias entre algunhas forzas sindicais galegas. Un dos motivos é a suspensión das reunións previstas na Mesa Xeral das Administracións Públicas na que participan a CIG, ELA, CCOO, ... |
NOS_17715 | Algunhas poetas rebélanse contra o canon. Foxen da corrente dominante e, aos poucos, constrúen territorios de seu. Foi este o caso de Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2004) a respecto da poesía da Xeración dos 80. Deféndeo a profesora, crítica e antóloga María Xesús Nogueira (A Estrada, 1968) na Introdución á Poesía reun... | Por que reunir a poesía de Xela Arias? O principal motivo é que a poesía de Xela non estaba accesíbel. Atopábase descatalogada e só se podía consultar en bibliotecas. Por unha banda, hai un interese en reivindicar a figura de Xela Arias por parte de poetas e de críticos. Pola outra, está o tema do propio ensino: fálase... |
NOS_22362 | «Hai persoeiros en que a vida é tan importante como a súa obra. Acontece, para min, con Castelao. Noutros, como Losada Diéguez, fundamental para a estrutura da Xeración Nós a vida é mesmo máis importante que a obra. Este é tamén, sen dúbida, o caso de Ben-Cho-Shey. Eu quero chamar a atención sobre a importancia da súa ... | Ben-Cho-Shey, de nome real Xosé Ramón Fernández-Oxea, finou en Madrid hai 31 anos. Nacera en Ourense en 1896. A súa biografía responde a todas as paixóns daquel século: o intelectual galeguista que se mete en política, o desterrado que sobrevive no exilio interior pero non renuncia a certas intervencións públicas, o in... |
PRAZA_3033 | Boa parte dos acordos de investidura están condicionados á aprobación duns novos orzamentos xerais, pero hai decisións que xa contan con apoios suficientes e que o Congreso podería acelerar | Boa parte dos acordos de investidura están condicionados á aprobación duns novos orzamentos xerais, pero hai decisións que xa contan con apoios suficientes e que o Congreso podería acelerarBoa parte dos acordos de investidura acadados entre o PSOE e Unidas Podemos-Galicia en Común, por unha banda, e o BNG, por outra, e... |
NOS_41088 | As 13 estampas da traizón son debuxo militante, arte de axitación e propaganda, comunicación esteticamente relevante a prol da II República en plena Guerra Civil. O álbum gráfico de Luís Seoane (Bos Aires, 1910-A Coruña, 1979) poderase ver nunha mostra que este 11 de setembro ás oito do serán se inaugura no salón do Ar... | A exposición, organizada pola Fundación Luís Seoane e a Universidade de Santiago de Compostela, explica esta "contribución á campaña de propaganda de guerra levada a cabo pola II República, dirixida cara ao exterior". E non queda apenas nos deseños de Seoane: amosa ademais a participación dodoutras artistas galegas daq... |
NOS_41257 | Reunións cordais mais que non deron ningún resultado produtivo. Tanto a portavoz do BNG, Ana Pontón, como o secretario xeral do PSdeG, González Formoso, coincidiron onte en lamentar que as respectivas reunións oficiais co presidente galego non se traducisen en acordos. Unha "decepción"que non partilla Alfonso Rueda. | "Decepción" pode ser a palabra que mellor defina para a líder da oposición e portavoz do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, as respectivas xuntanzas que ambos os dous mantiveron —por separado— co presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda. "Para que se nos convoca se non quere ... |
PRAZA_15126 | A teoría neodarwinista non é aplicada pola dereita española só á cidadanía, senón ao mesmísimo modelo territorial, sendo as nacionalidades históricas e periféricas as peor situadas para adaptarse a un medio tan hostil. Porque o Estado español nunca se sentiu ligado a Galiza. Só nos momentos en que lle interesa obter ré... | Cando Charles Darwin escribiu A orixe das especies non imaxinou que a súa teoría da evolución chegaría a ter unha repercusión política tan importante na periferia europea como a que está a ter xa ben entrado o século XXI. Actualmente, entre os neoliberais que desgraciadamente nos gobernan, subxace a idea de que os pobr... |
PRAZA_4137 | A plataforma creada por varios veciños de Sada logrou vendas por valor de máis de 6.000 euros de produtos e servizos que se poderán gozar coa reapertura dos máis de 50 locais que se asociaron á iniciativa solidaria. | A poucos días de que mesmo os locais de hostelería, con moitas restricións, poidan reabrir as súas portas, veciñanza de Sada prepárase para adquirir por fin os produtos ou gozar dos servizos que mercou por adiantado durante este confinamento. Foron moitas as persoas que quixeron axudar os seus negocios favoritos, aos d... |
NOS_52729 | Compostela Aberta levará mañá quinta feira a pleno do Concello unha moción na que insta ao Ministerio de Fomento e a Aena a incorporarlle o nome de Rosalía de Castro ao aeroporto de Lavacolla. | Segundo o Executivo compostelán, para esta proposta contan co apoio da Fundación Rosalía de Castro, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega. Trátase dunha petición, xa que o Concello non ten competencias para cambiar o nome do aeroporto, que recaen no Ministerio de Fomento e na compañía pública Aena. O no... |
NOS_50034 | Vicente Pérez Muñuzuri deixa o seu cargo despois de dez traballadores do servizo meteorolóxico galego seren despedidos após unha decisión da consellería de Medio Ambiente que dirixe Ethel Vázquez. | Vicente Pérez Muñuzuri deixará de ser o director de Meteogalicia, o servizo meteorolóxico público galego, moi seguido e que desde a chegada do PP ao poder vive en tensión ante as constantes noticias que fan referencia á súa desaparición xa que o Goberno central considera que "duplica" ao mesmo organismo estatal, malia ... |
NOS_6281 | O tenente de alcalde de Lugo, Ruben Arroxo, recibiu na terza feira varias ameazas de morte a través de pintadas en rúas polas que pasa "frecuentemente". O nacionalista asume o acontecido mentres segue a traballar por un Lugo "dinámico" e "plural", algo que, segundo remarca, "non soporta a ultradereita". | —É a primeira vez que recibe ameazas deste tipo? En pintadas nas rúas si. Ou polo menos é a primeira vez da que temos constancia. Si que teño recibido ameazas polas redes sociais, de perfís falsos claramente identificados con persoas que simpatizan coa ultradereita. Lugo é unha cidade moi tranquila, non adoitan ocorrer... |
PRAZA_5509 | O TSXG anula a creación de novos postos para relevar o secretario e a interventora municipais, que segundo presuntos implicados no caso Pokémon "torpedeaban" as operacións de Conde Roa e Espadas. | A finais do ano 2011 o PP levaba menos de medio ano gobernando no Concello de Santiago. Con Gerardo Conde Roa na alcaldía e Ángel Espadas como responsable do seu gabinete, boa parte dos esforzos de ambos encamiñábanse, segundo se tira das revelacións do sumario da operación Pokémon, en prorrogar o contrato que o consis... |
NOS_56249 | Participarán figuras internacionais deste deporte como Manuel Pellegrini, técnico do Real Betis Balompé ou Diego Martínez, ex adestrador do Granada CF. | A cidade de Compostela concentrará a atención deportiva os vindeiros días 12 e 13 de novembro coa realización do congreso internacional "O camiño do fútbol", organizado pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e a Real Federación Española de Fútbol (RFEF). A cita será no Pazo de Congresos e Exposicións da Galiza e ... |
PRAZA_15496 | O PP accede á creación da comisión de investigación sobre as antigas entidades de aforro galegas máis dun ano despois de que a oposición a solicitase por primeira vez e no medio da incerteza sobre o futuro de Novagalicia Banco | A enésima foi a vencida. Máis dun ano despois de que a oposición parlamentaria -o PSdeG, concretamente- reclamase formalmente a creación dunha comisión de investigación sobre as antigas caixas de aforro galega, o seu proceso de fusión, a creación de Novagalicia Banco e as indemnizacións dos antigos directivos, o PP acc... |
PRAZA_3594 | Provocan inquedanza posibles contaxios que obriguen a corentenas a todo o persoal dunha explotación, que son habitualmente familiares, e ninguén se poida ocupar dos animais | Os habitantes do rural de Galicia están afrontando a crise polo coronavirus "con preocupación, pero sen histeria", segundo o secretario xeral de Unións Agrarias (UUAA), Roberto García. A responsable do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, cre que a ausencia de aglomeracións e a produción de alimentos do camp... |
PRAZA_13139 | A crise dispara o número de desempregados de moi longa duración, que aumentou un 43% no Estado durante 2011, segundo datos do INE. Tan só o 2,5% dos contratados conseguiu traballo grazas á intermediación dunha oficina do INEM. | O drama da crise, o drama do paro. O número de desempregados que deixou o seu traballo tres anos antes ou máis aumentou un 43% no pasado ano, até alcanzar os 704.900, de tal forma que o peso deste colectivo sobre o total de desempregados alcanza xa o 15,4%, unha porcentaxe case catro puntos (3,9) superior á de 2010, se... |
NOS_9502 | Contos que forman un marco especialmente interesante para o libro e que se caracterizan pola construción profunda dos seus personaxes, da súa forma concreta de ver o mundo e da súa relación con el, moi mediada pola condición de científicos | Cunha mudanza notábel nos últimos anos, a unión de ciencia e cultura foi unha das grandes materias pendentes da literatura galega. Foino na súa dimensión máis lúdica, cunha ficción científica de aparición tardía e cunhas características moi particulares no noso contexto. Pero tamén demorou a súa irrupción en territorio... |
NOS_35991 | Leonor Parcero, presidenta da asociación galega de comunicación científica desde 2015. O 3 de xuño participará nun faladoiro organizado por CaixaForum en Madrid sobre divulgación científica nas linguas cooficiais do Estado español. Nós Diario interesouse pola situación lingüística neste ámbito. | -Como será a súa intervención? Goza de boa saúde a divulgación científica en galego? Explicarei a situación do galego ao longo da historia, desde o momento en que era lingua culta, os séculos escuros e a parte do franquismo en que o galego pasou a ser proscrito e quedou ese estigma como de pobres e non de cultura. Aínd... |
PRAZA_4913 | A media de desempregados en Galicia case se triplicou desde 2007 e a taxa actual é case 15 puntos superior á de hai seis anos; do 7,6% ao 22%. | As estatísticas volven amosar a elevadísima destrución de emprego que a crise está a provocar no país. Tal e como se tira dos datos publicados o pasado venres polo INE -correspondentes á media anual dos catro trimestres de 2013 da EPA- o número medio de parados en Galicia no ano pasado situouse nas 282.600 persoas, o q... |
PRAZA_18800 | A Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas organizou unha viaxe reivindicativa para denunciar a situación dos servizos ferroviarios do norte de Galicia. A mobilización partiu de Ferrol e á Coruña para atoparse en Betanzos | A Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas organizou este domingo unha viaxe reivindicativa para denunciar a situación da liña ferroviaria entre A Coruña e Ferrol. Dous grupos de persoas partiron das dúas cidades, para acabar confluíndo en Betanzos. Alertouse ademais sobre a situación doutras liñas do nort... |
NOS_20001 | Hai 60 anos, o 21 de xaneiro de 1961, un grupo de revolucionarios apoderouse pola forza do barco portugués 'Santa María', rebautizándoo ao pouco en 'Santa Liberdade', para denunciar diante do mundo as ditaduras ibéricas, a situación social dos seus pobos e o problema nacional do Estado español. | Foron 24 comandos, maiormente galegos, pero tamén portugueses, cataláns e algúns españois, os que subiron ao 'Santa María' na noite do 21 de xaneiro de 1961 para dar comezo a unha acción que ficou para sempre na lembranza da loita antifascista e no libro aínda por escribir da resistencia do nacionalismo galego contra a... |
PRAZA_16499 | Nas universidades de Santiago e Vigo constituíronse asembleas de traballadoras e estudantes para apoiar a mobilización, con demandas específicas para os seus ámbitos. Piden rachar os teitos de cristal, loitar contra as agresións machistas e o acoso nos Campus ou introducir a perspectiva de xénero nos temarios. As xorna... | As xornalistas galegas demandan #IgualdadeDePrensa A universidade será un dos lugares nos que a folga xeral de mulleres deste xoves terá un maior impacto. Non só por tratarse dun espazos máis feminizados (máis do 60% do alumnado son mulleres, máis da metade do persoal de administración e servizos, máis do 40% do persoa... |
NOS_35105 | Igreja baptista de Mississipi (EEUU) nega-se a casar duas pessoas de raza preta malia seren feligreses | A história é contada pela estação de televisão norte-americana ABC, segundo reporta o jornal portugués Público. Andrea e Charles, parelha preta, eram frequentadores da Igreja Baptista de Crystal Springs, no Mississipi e, quando decidiram casar religiosamente, escolheram-na. O pastor, Stan Weatherford, marcou a cerimóni... |
NOS_39420 | O comisario de Competencia da UE, Joaquín Almunia, recomenda ao FROB que manobre para que naqueles bancos en que ten participación, como Novagalicia Banco, se presione para recortar o cadro de persoal e pechar oficinas | Bruxelas está decidia a afondar e acelerar o que cualifican de redimensión das entidades financeiras nacionalizadas, aquelas que como Novagalicia Banco (NGB) teñen unha alta participación do FROB. Nesta liña, o comisario de Competencia da Unión Europea, Joaquín Almunia, está a presionar o Fondo de rescate e ordenación ... |
PRAZA_15973 | MAPAS INTERACTIVOS | O INE vén de publicar os datos do Padrón municipal correspondentes ao 1 de xaneiro do 2017. Só 48 localidades incrementaron o seu número de habitantes con respecto ao ano anterior e 264 reducírono. Medio cento de vilas perderon máis dun terzo dos seus empadroados e empadroadas dende 1998. Consulta ... | Consulta aquí a evolución da poboación no teu concello O INE vén de publicar os datos do Padrón municipal correspondentes ao 1 de xaneiro do 2017, que confirman o forte devalo demográfico que sofren unha parte importante dos concellos galegos. En concreto no último Padrón só 48 gañaron poboación, mentres que 264 -ao re... |
PRAZA_15513 | A empresa galega Taptil lanza a app Pandeireta Pro, que permite facer soar este instrumento nos smartphones e tablets de Apple. A aplicación emprega sons gravados de pandeiretas reais e está pensada para que calquera tipo de usuario poida utilizala. | Chega o nadal e este ano non haberá excusa para non tocar a pandeireta se non atopamos algunha pola casa. A empresa galega Taptil lanza a app Pandeireta Pro, que permite facer soar este instrumento nos smartphones e tablets de Apple. A aplicación emprega sons gravados de pandeiretas reais e está pensada para que calque... |
NOS_28116 | O sinistro do Rallie da Coruña que tivo lugar na tarde de onte en Carral e na que faleceron seis persoas volve pór sobre a mesa as condicións de seguridade das carreiras de coches. | As condicións de seguridade que deben imperar nos rallies volve estar, lamentabelmente, de actualidade, despois do tráxico accidente que tivo lugar no día de onte en Carral, nun tramo do Rallie da Coruña. O sinistro, no que faleceron seis persoas e resultaron feridas 16, unha delas de extrema gravidade, tivo lugar cand... |
NOS_15038 | A Iniciativa Galega pola Memoria esixe a "pronta e fonda" investigación sobre o atentado ao monumento á memoria na Cruz de Maceira, en Marín. É a segunda vez que aparece pintado desde que se inaugurou hai dous anos. | A Iniciativa Galega pola memoria, que agrupa a entidades e asociacións memorialísticas, esixe das autoridades competentes a "pronta e fonda investigación sobre o acontecido", e que se establezan as medidas e sancións correspondentes. A agrupación de entidades de recuperación da memoria condenaron a través dun comunicad... |
NOS_44545 | O concello de Pontevedra é finalista como mellor proxecto europeo de aforro enerxético nos X Premios Europeos de planificación urbana e rexional. O concello conseguiu a redución de máis dun 60% no consumo de combustíbeis fósiles. | O modelo de transformación urbana de Pontevedra recibe un novo recoñecemento por parte do presidente do xurado dos X Premios Europeos de planificación urbana e rexional, Peter Wiber, quen destacou a candidatura da cidade galega pola súa sustentabilidade enerxética. A redución de máis do 60% no consumo de combustíbeis f... |
NOS_48985 | Pontón (BNG) ínstao a defender os intereses de país e a abordar "de ti a ti" con Madrid un novo financiamento. Luis Villares (En Marea) criticou a falla de vontade de Xunta e goberno español para que Galiza estea nunha infraestrutura tan determinante como o corredor atlántico. Unha falla de vontade que Xaquín F. Leicea... | O Parlamento acolleu esta terza feira unha nova sesión de control ao presidente, unha comparecencia que o presidente despacha como un simple trámite e no que se centra máis en atacar a oposición que en responder as preguntas que lle formulan os portavoces dos grupos parlamentares. Independentemente das cuestións que se... |
NOS_19116 | O presidente da Xunta admite en público o que é unha evidencia. Os servizos de urxencias dos hospitais públicos están desbordados, tal e como veñen denunciando nas últimas semanas a representación dos traballadores dos centros da Coruña, Vigo ou Compostela. "Por suposto que hai cousas que mellorar", afirmou na comparec... | O cadro de persoal dos diferentes centros públicos denuncia a situación e considéraa consecuencia, sobre todo, das políticas de retalladas e austeridade que os gobernos de Feijóo aplican con constancia desde 2009. Doentes amoreados nos corredores, horas e horas de espera ate a primeira revisión médica e quendas de trab... |
NOS_54623 | En agosto do 2000 a vida de Avelino Basanta (Muimenta, 1977) cambiou para sempre logo de que un accidente lle custase unha perna, así como moitas outras secuelas físicas. Porén, a desgraza non impediu que perseguise o seu soño de pór un pé no mundo do rally, paixón que compaxina coa solidariedade. | Como foi a súa primeira toma de contacto co mundo do rally? Foi grazas a un amigo meu que ía dar o salto a un volante aló polo ano 2005, pero non tiña copiloto, así que ofrecinme eu e el animoume a que o fixese. Era un mundo que xa lle chamaba a atención ou xurdiu o interese a raíz desa oportunidade? Non, a velocidade ... |
PRAZA_15284 | Carlos Callón presenta o seu novo libro, un volume con "consellos prácticos" para empregar o idioma "con corrección e fluidez" na vida cotiá. Audio no interior | Como pasar de ser "galegocalante" a exercer de "galegofalante"? Hai "palabras inventadas" na lingua galega? Por que agora é "grazas" e non "gracias"? Que dis cando dis "matar o rato"? Son algunhas das preguntas que é posible responder coa lectura de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, o novo libro... |
NOS_8070 | Insta á Xunta a incoar un expediente disciplinario | O BNG, a través do deputado Luís Bará, presentou no Parlamento galego durante a xornada de onte unha proposición Non de Lei para reprobar a actuación do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, quen recentemente foi condenado a dous anos de prisión e oito de inhabilitación para o exercicio de cargo púb... |
NOS_32274 | A presión fiscal ás rendas medias e baixas na Galiza está por riba da media | Esta semana arrancou a campaña de Renda e Patrimonio 2020. Milleiros de galegos e galegas están chamadas a render contas coa Axencia Tributaria. Mais a falla de uniformidade nos tipos impositivos dos distintos territorios, cuestión que desde o Goberno estatal queren abordar, fai que non paguemos o mesmo que en Asturias... |
PRAZA_12946 | Un NPC terá que superar as súas propias encrucilladas. As próximas eleccións autonómicas son unha delas. A fasquía das posibles candidaturas, pero tamén, sobre todo, un programa que defender nas institucións. E asemade, a gran determinación: ou se lle dá a luz a un partido máis do sistema, unha maquinaria electoral con... | En tempo de tribulación, non facer mudanza. En tan sabia sentenza de Ignacio de Loyola, poida que algo de verdade haxa, se nos guiamos pola capacidade xesuítica de resistir os embates dos tempos adversos. Tamén na política callou, se cadra porque os beneficios de non facer mudanza apuntan mellor na conta da organizació... |
NOS_31612 | Volven descender en máis de 400 as PCR feitas en 24 horas, pero a positividade é inferior a 5% na maioría das áreas sanitarias do país. | Os positivos por coronavirus detectados nas últimas 24 horas na Galiza volveron caer, concretamente até os 355, o que supón unha baixada de 71 con respecto á cofra notificada hai un día. Con todo, rexistráronse subidas na área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, en Pontevedra-O Salnés e, aínda que en menor medida, na ... |
PRAZA_3670 | Está claro que asistiremos mais unha vez a un menoscabo dos nosos dereitos que non voltarán. Mais temos que ser quen de aproveitar ao máximo os buraquiños que nos deixa o sistema para tratar de mudalo | Na semana pasada, antes de que comezasen as rápidas (mais tardías) mudanzas da grave crise que estamos a viver, íamos recibindo aos poucos noticias de como ían pechando, a golpe de resolucións municipais, museos, teatros e bibliotecas en toda a Galiza e Portugal. Días antes de pechar os bares e discotecas pecharon as s... |
NOS_7794 | Seguramente o mellor disco de metal que escoitaremos en 2022 | I é o novo traballo de Arrhythmia e seguramente o mellor disco de metal que escoitaremos en 2022. Estou gratamente sorprendido co novo traballo dos nosos amigos lucenses. Soa fresco, duro, dixital, mesturado coa forza das guitarras analóxicas, e é ademais, moi melódico. Sempre dixen de Arrhtythmia que eran unha banda x... |
NOS_22663 | O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo estimou, de forma parcial, o recurso que interpuxera a Xunta polas accións administrativas de 2016. | O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo ditou unha sentenza en que anula a posta en funcionamento da área metropolitana. Desta maneira estimou parcialmente o recurso interposto pola Xunta da Galiza contra as actuacións administrativas relativas á constitución deste ente supramunicipal, por non estar in... |
NOS_43902 | 11 persoas permanecen nas unidades de coidados intensivos e rexístranse dúas novas mortes | Segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade, ante a última actualización dos datos rexístranse 884 casos activos de coronavirus na Galiza. Deles 221 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 127 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 151 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.... |
NOS_48390 | A residencia de maiores de San Rosendo no Incio, que permanece intervida pola Xunta, non estuda o "fechamento" tras rexistrar un brote da Covid-19 que afecta un total de 113 casos, 87 residentes e 26 traballadoras e traballadores. | Os datos actualizados hoxe supoñen que case un de cada tres maiores está infectado de Covid-19 nesta residencia, ademais do persoal que atende as persoas usuarias, que suman outros 18 que se incorporan aos outros 8 infectados de anteriores probas. De momento, foron tres as persoas falecidas relacionadas con este surto.... |
NOS_40465 | O deputado Luis Bará anunciou esta segunda feira que ten previsto impulsar varias iniciativas parlamentarias para pelexar pola "paralización cautelar" da nova explotación enerxética, que considera moi negativa para un enclave natural a preservar. | Co proxecto para construír un parque eólico na serra do Galiñeiro aínda avanzando, o BNG uniuse a outros colectivos como a plataforma Serra do Galiñeiro para denunciar que esta actuación sería "agresiva e aberrante" para un enclave natural que ten un gran valor. Co obxectivo de paralizar, aínda que sexa de forma "caute... |
PRAZA_14578 | Cre que nas declaracións do ex presdiente do Consello Xeral da Cidadanía Española pode existir un delito de "provocación á violencia contra as mulleres" e pide a Feijóo e Fátima Báñez que "se desculpen publicamente polo seu nomeamento". | A secretaria de Igualdade do PSOE, Purificación Causapié, vén de presentar unha denuncia ante a Fiscalía Xeral do Estado para que investigue as declaracións do que xa é ex presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, José Manuel Castelao Bragaña polas declaracións nas que afirmou que "as leis son com... |
PRAZA_2858 | O SLG desmárcase do acordo que si asinaron XXAA e UUAA, que aclaran que non é a solución aos baixos prezos que reciben as explotacións galegas. Mulleres gandeiras maniféstanse en Lugo mentres se manteñen os bloqueos a varias áreas comerciais. | A Interprofesional Láctea (Inlac) aprobou este mércores o contrato homologado entre gandeiros e industria para o subministro do leite. O colectivo que agrupa representantes de produtores, industrias e cooperativas deu o visto e prace ao acordo co apoio de Asaja -que en Galicia representa Xóvenes Agricultores-, UPA (Uni... |
NOS_9127 | Miles de persoas anegaron a zona vella da capital galega na mobilización convocada polo Bloque Nacionalista Galego baixo o lema "Galiza, un novo impulso. Soberanía, Traballo, Democracia". A choiva non desanimou a asistencia á cita. Entre paraugas, bandeiras, faixas e impermeábeis, xentes chegadas de todas as partes con... | "Aínda que chove o nacionalismo non encolle e menos o Día da Patria Galega". A afirmación da deputada Olalla Rodil desde o palco a medida que ían entrando na Praza da Quintana as miles de persoas que tomaban parte na manifestación do BNG foi certa. Por volta de 20.000 persoas, segundo fontes da organización, tomaron pa... |
NOS_58134 | Suspendidos o traslado de doentes e profesionais ao novo complexo hospitalario por risco de infeccións. Retrásase a posta en marcha en diversos servizos. | Suspendido o traslado de doentes e de profesionais ao novo hospital de Vigo, o 'Álvaro Cunqueiro', segundo confirmaron fontes sindicais xa a primeira hora da mañá e confirmaron despois desde o Sergas. O presidente da Xunta de Persoal, Ángel Cameselle, sinalou a EP que souberon da paralización porque "mandos intermedios... |
NOS_13252 | O Consello de Ministr@s podería dar luz verde ao anteproxecto de lei de reforma esta sexta feira (25 de xullo). A Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto mantén a #AlertaFeminista. | O ministro de xustiza español, Alberto Ruíz Gallardón, afirmou esta segunda feira (21 de xullo) que o anteproxecto de lei para os dereitos do concibido e da muller grávida xa está listo para ser aprobado polo goberno. Se ben Gallardón non indicou cando será debatida a reforma no Consello de Ministr@s, afirmou que se pr... |
NOS_23500 | Cinco anos despois do accidente ferroviario en que morreron 80 persoas e houbo 144 feridos, as vítimas de Angrois falaron esta terza feira no Congreso. A comisión de investigación serviu para que o presidente da plataforma, Jesús Domínguez, denunciase as "mentiras" políticas no caso. E a vocal Cristina Liras inquirise:... | "As présas e as presións" para a inauguración da liña de tren e as mentiras teñen responsábeis. E son responsábeis políticos. Así o argumentou Domínguez. "Ninguén colaborou nin ninguén demitiu", expuxo, "esa é a responsabilidade política. No canto de asumila, logo os tivemos de presidenta do Congreso, de ministro de Xu... |
NOS_53875 | Que 63% das persoas afectadas polo cambio de xornada sexan mulleres é só un exemplo dos "comportamentos machistas" que denuncia a sección sindical da CIG na aplicación do ERE en Abanca. Convocan unha concentración para esta quinta feira. | Coa concentración que terá lugar esta quinta feira 14 de agosto ás 11:00 na sede central de Abanca en Vigo (rúa García Barbón) a Sección Sindical da CIG en Abanca inicia unha campaña que ten como obxectivo a denuncia do comportamento machista da entidade na aplicación do ERE. A central sindical esixe a apertura dun pro... |
NOS_17382 | Catro concellos galegos onde o BNG podería gobernar quizais rematen con alcaldías do Partido Popular. Este sábado constitúense os consistorios e todo dependerá de se finalmente PSdeG e Bloque alcanzan acordos en Barreiros, Castrelo de Miño, Fene e Viana do Bolo. | Os plenos dos concellos da Galiza investirán as súas alcaldesas e alcaldes este sábado 15 de xuño. Previsibelmente e en consonancia cos resultados das urnas todo apunta a unha nova perda de poder do Partido Popular, que retrocedeu outra vez electoralmente nos pasados comicios municipais do 26 de maio, baixando das 149 ... |
NOS_52972 | Están nos seus domicilios en situación de illamento. | Os casos activos de coronavirus detectados en relación cun foco familiar no municipio de Viana do Bolo aumentan a 14 tras o positivo dun mozo de 16 anos de idade. Segundo informou a área Sanitaria de Ourense, o seguimento dos contactos do foco familiar importado de Covid detectado nunha mesma unidade familiar o pasado ... |
NOS_52028 | O incendio que na tarde da cuarta feira se orixinou na parroquia de Barral (Castrelo de Miño) e que afectou tamén o municipio veciño de Cartelle queimou máis de 150 hectáreas e obrigou a mobilizar un amplo dispositivo no que non estaba a brigada municipal, ao non se constituír este ano por decisión do Concello. | En apenas 12 horas o incendio en Castrelo de Miño, na comarca do Ribeiro, queimou 150 hectáreas —unha cifra que xa supera as 200—. Un incendio que evolucionou "favorabelmente" ao longo de onte, mais pendentes do vento. Unha situación de relativa calma que contrastaba coa vivida horas antes. "A xente botaba chispas, est... |
NOS_12763 | Hai catro anos producíase unha especie de terremoto na política grega coa chegada ao goberno de Syriza (traducido por Coalición da Esquerda Radical) despois de derrotar ao partido conservador Nova Democracia, que xunto co socialdemócrata Pasok conformaban as dúas patas do bipartidismo, gobernante no país desde a caída ... | Grecia foi o primeiro Estado da Unión Europea intervido pola troika, en abril de 2010, con dous rescates consecutivos asinados por Pasok e Nova Democracia (ND) que fixeron caer sobre a poboación grandes sacrificios debido ás directrices emanadas do Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional e Comisión Europea... |
NOS_32074 | As mulleres de Velaluz iniciaban ás 00.05 na Coruña, cando comezaba este martes 15, unha folga de fame "por un sistema de protección real de mulleres e nen@ vítimas de violencia de xénero". | Contra a indefensión das vítimas da violencia de xénero e d@s súas fill@s, dez mulleres da asociación Velaluz iniciaron esta noite unha forma de protesta que se tende a utilizar só en situacións extremas, a folga de fame. A vontade das mulleres é manter a folga ate que se asegure a protección de mulleres e crianzas que... |
NOS_12191 | Melania Cruz (Lugo, 1983) naceu un 25 de xullo e, quen sabe, talvez iso marcou un destino. Desde hai anos é unha figura ineludíbel do teatro e do audiovisual galegos. O seu traballo na escena valeulle o recoñecemento unánime de crítica e público e o seu paso ao audiovisual, onde protagonizou traballos tan emblemáticos ... | A súa vocación de actriz comezou moi cedo, e talvez por iso sempre destaca a importancia do teatro na escola. Eu comezo con Marga Portomeñe, no grupo de teatro do Instituto Virxe dos Ollos Grandes de Lugo, e alí, como alumna, asisto a unha curta de Jorge Coira que veñen presentar Luís Tosar e o propio Coira, que foran ... |
NOS_29095 | Unha enquisa da Generalitat afirma que o castelán creceu catro puntos máis que a lingua propia nos últimos cinco anos. Porén, desde a dereita española levan anos falando dunha suposta "marxinación" do español coa que mesmo xustifican leis como a do ministro Wert. | O 50 por cento d@s habitantes de Cataluña teñen o castelán como primeira lingua, namentres o 36 por cento usan prioritariamente o catalán. Ese é o principal dato que reflicte a enquisa lingüística que vén de publicar a Generalitat, que respecto ao anterior de 2008 -este refírese a 2013- indica que o español gañou cinco... |
NOS_968 | "A proganda da Consellería non pode negar a realidade, e a primeiros de agosto aínda se estaban a licitar os traballos de rozas en concellos de alto risco", denuncian. | O portavoz de Medio Rural do Bloque Nacionalista Galego (NG), Xosé Luís Rivas, afirma que as medidas adoptadas pola Consellería para a xestión das faixas de protección son "complexas e lentas na execución", ademais de sobrecargar os concellos pequenos"con tarefas para as que non contan con medios nin persoal suficiente... |
NOS_40702 | O sindicato nacionalista afirma que "están a se converter en centros de alto risco para a saúde do persoal que fai o seu traballo en condicións penosas e nocivas". | As residencias de maiores e centros de menores da provincia da Coruña están a se tornar en centros de alto risco para a saúde do persoal que fai o seu traballo en condicións penosas e nocivas. Esta é a denuncia que fai a CIG, que critica que a Consellaría de Política Social "continúa a non recoñecer a compensación por ... |
PRAZA_8295 | O Bloque diríxese formalmente ao comisario da Competencia para coñecer se a construción do dique en Navantia colisiona coa normativa comunitaria | "Suplir e contrarrestar a deixadez e irresponsabilidade política da Xunta". É a intención que, segundo o BNG, ten a "consulta formal" que a eurodeputada da formación, Ana Miranda, vén de realizar ante a Comisión Europea sobre a construción do dique flotante en Navantia Ferrol. Despois de que as autoridades europeas adm... |
PRAZA_14633 | O economista David Peón expón as cinco condicións que deben cumprirse para poder superar a crise económica española. | As xornadas de debate "Desapalancamiento y crecimiento en España" organizadas por Bolsas y Mercados Españoles e con intervención na súa clausura da Secretaria de Estado de Presupuestos constituíu unha excelente oportunidade para poñer en práctica a pedagoxía que moitos botan en falta no Goberno español. O recurso á déb... |
NOS_50518 | O economista Xabier Pérez Davila (Bueu, 1957) vén de tirar ao prelo un novo ensaio titulado Socialismo en Europa en 2020. Após A batalla das pensións e Alén da casta, aproveitamos a publicación deste traballo para reflexionar sobre a conxuntura económica e a resposta á crise provocada polo coronavirus. | —Por que e para que socialismo en Europa en 2020? Existen sectores onde o capital está moi concentrado e nos que xa rexe a planificación: finanzas, automoción, produción de enerxía ou distribución de alimentos, o que facilitaría a súa socialización. O nivel de formación científico-técnica das clases traballadoras é moi... |
NOS_6541 | Ainhoa Lameiro, Luís Fernández e Manuel Ochoa competirán no Mundial de Augsburgo, en Austria. | O Campionato Mundial de Slalom Olímpico comeza hoxe no Eiskanal de Augsburgo (Austria), concretamente ao seu paso polo río Lech, e a proba -que se estenderá até o próximo domingo, 31 de xullo- contará coa presenza de tres competidores e competidoras galegas, que se codearán coas mellores do planeta nesta dura disciplin... |
NOS_19222 | En poucas ocasións un libro nace con tan boa fortuna como acontece con As voces baixas (Xerais). A "obriga" de Manuel Rivas de levar á literatura a súa historia familiar está a ser recibida con entusiasmo por parte da crítica e tamén pola maré de lectoras e lectores que se deixan levar polas personaxes do libro. A súa ... | Constrúe o seu novo libro a través de personaxes moi próximos, da súa propia familia. Por que decide, dalgunha maneira, contar a súa propia historia? O libro nace dunha necesidade. Na vida hai cousas que sabes que tes que facer. Podes ter moitos cadernos e ideas, mais as que adoitan saír ben son as que che elixen. Este... |
NOS_30072 | A Asociación de Pacientes Finisterrae onsidera "máis que necesario" o servizo. | A Asociación de Pacientes Finisterrae leva meses a demandar a cesión dun local por parte do concello de Carnota para poñer en marcha diversos servizos de apoio ós enfermos de cancro. En xaneiro de 2018 nacía en Carnota esta asociación co obxectivo de prestar servizo ós enfermos e as súas familias. Catro anos despois e ... |
NOS_52343 | A organización frontista presentou diversas propostas parlamentares para debater e votar o cesamento de Julio Fernández por mor das súas declaracións arredor das fotografías de Feijóo e Dorado | As declaracións do Valedor do Pobo foron consideradas pol@s nacionalistas un exceso "das súas competencias". Julio Fernández considerou que as imaxes de Núñez Feijóo e Marcial Dorado non posuían "interese xornalístico" e saiu ao paso do escándalo defendendo a imaxe do presidente da Xunta. Desde o BNG aseguran que as pa... |
NOS_38097 | Granollers e Tenerife, rivais dos conxuntos galegos | Mañá volven á acción os dous representantes galegos na Liga Guerreiras Iberdrola, a máxima categoría do balonmán estatal, e regresan co obxectivo común de recuperar a senda da vitoria despois dos seus tropezos a pasada fin de semana. O primeiro en saltar á pista será o Conservas Orbe Rubensa Balonmán O Porriño, concret... |
NOS_51994 | Ambas as dúas formacións coiniciden en sinalar que a representación da Galiza sen subordinacións a "estruturas partidarias foráneas" é "a mellor garantía para que Galiza estea presente neste momento de cambio político". | Senllas delegacións da Fronte Obreira Galega e do BNG reuníronse en Vigo para esta segunda feira (10 de agosto) para partillar puntos de vista a respeito da conformación dunha candidatura galega ás eleccións ás Cortes españolas. No encontro, as dúas organizacións coincidiron na necesidade de que Galiza contra con repre... |
NOS_23057 | O incendio de Vilamarín arrasou 200 hectáreas e aínda non está controlado e a vaga de calor que chegará esta semana obriga a aumentar as alertas polos lumes mentres seguen as críticas á falta de medios. | Un total de 1.300 incendios arrasaron en Galiza unhas 2.200 hectáreas no que vai de ano, segundo datos oficiais ofrecidos pola conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, que defendeu hoxe o seu labor entre a onda de críticas que está a recibir de diversos sectores pola falta de prevención e medios para a extinció... |
NOS_29504 | Desde outubro está sen poder ter contacto con outros presos, denuncian organizacións solidarias, que cualifican de "tortura psicolóxica" e de "ilegalidade" a situación á que está sometida este vigués, preso na cadea de Villanubla, en Valladolid. | Roberto Fialhega 'Teto', leva meses sometido a illamento absoluto pola Dirección xeral de Institucións Penitenciarias (DXIP). Así o denuncian organizacións como Que Voltem para a Casa! ou Ceivar. Explican que este mozo vigués detido a finais de 2011 está sen compaña algunha e as únicas voces que pode escoitar son"as do... |
NOS_40152 | A deputada do BNG, Montse Prado, fixo pública a cita médica recibida por unha persoa doente de cancro na EOXI de Santiago á que lle foi adiada até xaneiro de 2017 a visita concedida, inicialmente, para maio deste ano. | "O servizo de oncoloxía da EOXI de Compostela leva anos traballando ao límite, mentres as patoloxías oncolóxicas e a súa complexidade non fixo máis que aumentar nos últimos anos", sinala a parlamentar do BNG, Montse Prado, en senllas iniciativas presentadas o 28 abril no Pazo do Hórreo nas que insta o goberno galego a ... |
PRAZA_20308 | Un principio fundamental de todas as democracias europeas, recollido na Convención Europea de Dereitos Fundamentais e, xa que logo, que define a interpretación da Constitución estatal no eido dos dereitos humanos é que toda persoa só pode ser condenado á pena definida previamente ao delicto que cometa. | Un principio fundamental de todas as democracias europeas, recollido na Convención Europea de Dereitos Fundamentais e, xa que logo, que define a interpretación da Constitución estatal no eido dos dereitos humanos é que toda persoa só pode ser condenado á pena definida previamente ao delicto que cometa. O agravamento da... |
PRAZA_16126 | No 70 Aniversario da morte de Gandhi (1948-2018). Construíndo cultura de paz | Xa estamos a uns poucos días do 30 de xaneiro de 2018, Día Escolar pola Paz e a Nonviolencia, unha data marcada e recoñecida no calendario, nos respectivos Plans de Centro, e que moitos colexios e institutos celebran como unha expresión máis do traballo que realizan durante todo o ano na prevención das violencias, pola... |
NOS_25354 | Canda Galiza competirán polo título seleccións como Bretaña, Francia, Alemaña ou Occitania. | O EuroGames 2018 é o primeiro campionato de seleccións europeas de fútbol gaélico que se realiza. Vai ser en An Oriant (Bretaña) esta fin de semana e no marco do Festival Intercéltico, marco incomparábel que reúne ducias de miles de persoas. As selección feminina e masculina de Galiza van competir no Euro2018, torno no... |
NOS_1983 | Os resultados oficiais serán anunciados no "breakfast time" da sexta feira, informou a chefa de computación de dados da oficina eleitoral, Mary Pitcaithly | Ese "breakfast time" ocorrerá en calquer momento entre as 6.00 e as 7.00 horas de Escocia, unha hora máis na Galiza. Porén, os dados iranse coñecendo aos poucos, unha vez que se vaia realizando o escrutinio nos 32 condados, distritos, en que está dividido o país. Financial Times, segundo recolle Vilaweb, ten mesmo feit... |
PRAZA_13461 | Case un ano despois da okupación do CSO Palavea, cómpre botar un ollada á recente historia do Movemento de Okupación galego. Pese a que no 2012 fan 21 anos da okupación da primeira Casa Encantada en Compostela e mais de dez anos desde o desaloxo da Okupa da Ría, cuxa permanencia durante 9 anos debeuse á connivencia do ... | Case un ano despois da okupación do CSO Palavea, cómpre botar un ollada á recente historia do Movemento de Okupación galego. Pese a que no 2012 fan 21 anos da okupación da primeira Casa Encantada en Compostela e mais de dez anos desde o desaloxo da Okupa da Ría, cuxa permanencia durante 9 anos debeuse á connivencia do ... |
NOS_12635 | O comité de empresa da fábrica de cloro Elnosa (CC OO) anunciou un escrache perante a casa do alcalde de Pontevedra para este próximo sábado. O alcalde reponse e afirma que non vai ceder ás presións, "moitos veciños e veciñas temos a mesma posición, queremos Elnosa fóra da ría. Defendemos a recuperación da ría que é o ... | "O mesmo tratamento que Ence". Esa é reclamación da fábrica de cloro Elnosa instalada na ría de Pontevedra desde hai anos. A semana pasada, os integrantes do comité de empresa (CC.OO) anunciaban en rolda de prensa a súa propia axenda de mobilizacións en contra do goberno local. Tras varias concentracións ás portas do c... |
PRAZA_2214 | A XXIX edición de Cineuropa comeza a adiantar a súa programación. A organización vén de anunciar que o festival recoñecerá este ano cos seus premios o director mexicano Arturo Ripstein e o portugués Miguel Gomes | A XXIX edición de Cineuropa está cada vez máis perto e a organización comeza a desvelar algúns dos seus contidos. O director do festival, José Luís Losa, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, veñen de anunciar que os Premios Cineuropa recoñecerán este ano os directores Arturo Ripstein e Miguel Gomes. Os nomes deste... |
NOS_29405 | O Goberno estatal anuncia un ERTE específico para o sector mentres que as axencias de viaxe galega reclaman novas axudas e canalizar os bonos turísticos da Xunta. | As axencias de viaxe galegas seguen a atravesar un "momento complicado". A crise da Covid fixo que se perdesen "entre 20 e 25% das licenzas" previas á pandemia. Así o indica en declaracións a Nós Diario o presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxe (Agavi), Juan Antonio Rivadulla, quen explica que a súa factur... |
NOS_58343 | Poeta de combate. Tradutor. Peza imprescindíbel en proxectos culturais do exilio mexicano como as revistas Saudade e Vieiros. Secretario de Propaganda do Partido Galeguista en Barcelona, ao tempo que, como tenente do Exército republicano, organizaba a evacuación de galegos da batalla do Ebro. Colaborador de Galeuzca, d... | -Florencio Delgado non era unha persoa moi coñecida. Malia non ter unha posición marxinal: estaba ben relacionado con Galaxia, por exemplo…. -É que o coñecemento público dun poeta coma Florencio, co itinerario vital que tivo, non é tan fácil. Porque marchou en 1939 para México, despois da guerra civil, e refixo alí a s... |
NOS_16958 | Fontes de Hamas denuncian o asasinato dun campesiño de 23 anos en Gaza e de sete persoas feridas no que podería ser o primeiro incumprimento da tregua. | Un voceiro do Movemento de Resistencia Islámica (Hamas) asegurou esta sexta que soldados israelís terían asasinado un campesiño palestino perto da fronteira co territorio ocupado por Israel. Após dous días despois de se declarar o cesamento ao fogo, esta podería ser a primeira violación dos acordos adoptados entre Hama... |
NOS_20240 | Silgar tamén acollerá o primeiro Arena 1.000. | Sanxenxo será a sede do Campionato de España de Seleccións Territoriais (CESA) de balonmán praia do 24 ao 26 de xuño, certame que chega da man da Federación Galega de Balonmán e a súa homóloga estatal, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de Sanxenxo e a Xunta da Galiza. O municipio galego acollerá ... |
NOS_45089 | Cae na casa perante o Vilareal (2-4) | Estar descendido non é xustificación para acabar o que resta de tempada dando imaxe de desidia e conformismo. Pedíao o adestrador aos xogadores e pedíallo a afección á equipa: os partidos que fican, a morte. Porque aínda que non se xogue nada deles en canto a puntos (o descenso é irreversíbel) si estaba en xogo outras ... |
PRAZA_4732 | Estamos a quince meses das eleccións municipais. Atreveranse a formar parte das candidaturas aquelas persoas que protagonizan as lamentábeis peripecias da operación Pokemon? Cal será o comportamento dos votantes ante este penoso espectáculo? | A eliminación parcial do segredo do sumario da chamada operación Pokemon confirma a existencia de indicios relevantes de condutas delitivas e coloca no primeiro plano da política galega a coñecida cuestión da pertinencia da dimisión de todos aqueles cargos institucionais que aparecen involucrados nas actuacións investi... |
NOS_20708 | Bárcenas e a crise combínanse para o PP ter unha perspectiva demoscópica desastrosa. Mais o PSOE non está mellor. O bipartidismo atravesa unha crise sen precedentes na historia do réxime político xurdido coa Constitución de 1978. Rubalcaba non pide eleccións antecipadas porque aínda que o PP podería chegar a perder até... | As enquisas certifican que o réxime político español atravesa unha crise gravísima, talvez irreversíbel. Segundo o inquérito de Metroscopia para El País, o PP sería a forza máis votada, mas cun ridículo 23,9 por cento, apenas 4 décimas máis do que o PSOE. O bipartidismo reuniría tan só o 47,4 por cento dos sufraxios, 2... |
PRAZA_7728 | O vindeiro martes celebrará un acto informativo aberto en Ponteareas, coa participación de Xoán Antón Pérez Lema, secretario de Agaprofi (Asociación Galega de afectados polos produtos financieiros ), Manuel Pérez Arias, Presidente de Agaprofi e Sandra Arauxo, de Compromiso. | O vindeiro martes Compromiso por Galicia celebrará un acto informativo aberto en Ponteareas, coa participación de Xoán Antón Pérez Lema, secretario de Agaprofi (Asociación Galega de afectados polos produtos financieiros ), Manuel Pérez Arias, Presidente de Agaprofi e Sandra Arauxo, de Compromiso. O acto informativo tra... |
NOS_16666 | George Galloway é deputado no Parlamento británico polo Respect Party, unha formación que se declara a si mesma socialista, contraria ás intervencións militares no Iraque e en Afganistán. Declarou que, de ser certo o ataque con armas químicas denunciado este 21 de Agosto en Siria, os responsábeis serían ou os chamados ... | O membro do parlamento británico foi entrevistado pola canle iraniana Press TV. Dixo que "se ten habido algún uso de gas nervosos, foron os rebeldes os que o utilizaron". "Se se usaron armas químicas, foi Al Qaeda quen as usou", declarou Galloway. E perguntado sobre quen teria facilitado as armas á organización yihadis... |
NOS_32434 | Xabier P. Igrexas pediu ao Goberno local que deixe de actuar con "opacide" e priorice o estudo do xacemento. | O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo anunciou que vén de facer un requerimento formal dos informes técnicos sobre a cestión dos restos patrimoniais atopados na rúa Elduayen durante as obras de construción do túnel da Porta do Sol. A medidados do mes de xaneiro, os operarios que traballan na con... |
PRAZA_11428 | A Deputación celebrou o seu pleno extraordinario coa ausencia do principal grupo da oposición, que cualifica o debate de "pantomima" para "enxalzar a Baltar", ao que culpan do "estado catastrófico" da provincia. Rafa Villarino amplía as súas críticas a Gonzalo Pérez Jácome | O PSdeG rexeitou participar ao considerar este pleno "unha pantomima de Baltar" para "enxalzarse a si mesmo"A Deputación de Ourense celebrou na mañá deste mércores nun pleno extraordinario o 'Debate sobre o estado da provincia' coa significativa ausencia do principal grupo da oposición, o PSdeG-PSOE, cuxos deputados e ... |
NOS_18796 | Siareir@s Galeg@s organiza, un ano máis, o partido anual da selección galega de fútbol. O encontro celebrarase en Pontevedra o día 29 de decembro. Xogos populares, fútbol gaélico e un concerto completarán as actividades da xornada. | A intención do PP de eliminar os partidos amigábeis da nosa selección de fútbol ao chegar ao goberno galego en 2009 non se fixo realidade. E non pola súa teima prohibicionista, baixo a escusa da situación económica do noso país, senón por outra teima aínda máis forte que leva a Siareir@s Galeg@s a organizar cada ano es... |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.